En sesión que tivo lugar o día 10 de xuño de 2025, o tribunal nomeado pola por Resolución do 13 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre mediante o sistema de concurso-oposición, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, escala de auxiliar de mantemento, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,
RESOLVE:
Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2024 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro de 2025), este tribunal acordou facer público o baremo definitivo da fase de concurso.
Como consecuencia da estimación parcial do recurso de alzada interposto por Miguel Botana Taibo (***3313**), este tribunal acorda modificar a dita resolución con relación á puntuación obtida por esta persoa aspirante.
A puntuación definitiva obtida por esta persoa, logo da modificación, reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
A relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2025, non se modifica ao non resultar afectada pola modificación indicada nos parágrafos anteriores.
Segundo. De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025
Ismael Vilacoba Vieito
Presidente do tribunal
