DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 21 de xullo de 2025 Páx. 40839

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Malpica de Bergantiños

ANUNCIO de apertura do trámite de información pública tras a aprobación inicial da modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento de Malpica de Bergantiños.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 29 de mayo de 2025, aprobou inicialmente a modificación puntual número 4 das normas subsidiarias de planeamento de Malpica de Bergantiños, conforme a documentación denominada MP núm. 4 NNSSPP Malpica de Bergantiños. Recualificación dun ámbito de solo urbano de uso residencial para uso dotacional de equipamento sanitario e dotacional múltiple. Documento para ap inicial-addenda 01, redactada por Arqyur, S.C. (equipo redactor, os/as arquitectos/as Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde e Sara Prieto Hortas, colexiados núm. 1440, 1475 e 4754 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, COAG), e na cal se entende/entendía incluído o estudo de tráfico, redactado por Lorena Castrillón Manso (respectivamente, RXE núm. 202599900000441 e RXE núm. 202499900000920).

De conformidade e nos termos establecidos no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, LS) e artigo 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (en diante, RLS), sométese o expediente íntegro a información pública, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia (La Voz de Galicia), polo prazo de dous meses contado desde o último anuncio, coa finalidade de que quen o desexe poida examinalo e deducir durante o citado prazo cantas alegacións ou observacións considere oportunas.

Durante o período de información pública, o dereito de información e acceso poderase exercer e quedará garantido mediante a consulta do expediente nas oficinas xerais do Concello, sitas na casa do concello, avenida Emilio González López, nº 1, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e mediante consulta/acceso no/ao Portal de transparencia do concello, aloxado na sede electrónica (https://sede.malpicadebergantinos.es/sxc/gl/portal_transparencia/ e na/s epígrafe/s: Información de relevancia xurídica-Documentos sometidos a información pública-Aprobación inicial da modificación puntual núm. 4 das normas subsidiarias de planeamento de Malpica de Bergantiños).

Queda suspendido por un prazo máximo de dous (2) anos, ao abeiro dos artigos 47.2 da LS e 86 do RLS e nos termos neles establecidos, o outorgamento de licenzas de parcelación de terreos e edificación en todo ámbito afectado pola modificación.

Malpica de Bergantiños, 10 de xullo de 2025

Eduardo J. Parga Veiga
Alcalde