DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 21 de xullo de 2025 Páx. 40841

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO de inicio de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución de planeamento da senda peonil na estrada do Pazo, en Ardán (expediente 2024 SE60-001).

Infórmase que a alcaldesa, na Resolución da Alcaldía do 18 de xuño de 2025, resolveu, entre outros, o seguinte:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución de planeamento: senda peonil na estrada do Pazo en Ardán, achegado con data do 15 de xaneiro de 2025 (NRE 707).

Segundo. Ordenar a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no relativo á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos. A publicación servirá de notificación para os efectos do disposto no artigo 44 da LPAC.

Terceiro. Notificar as taxacións de forma individual a aquelas persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal das correspondentes fichas de aprecio individualizadas e a proposta de fixación dos criterios de valoración, para que formulen as alegacións que teñan por conveniente no prazo dun mes a partir da data da notificación. A publicación servirá de notificación para os interesados descoñecidos ou de ignorado domicilio conforme o disposto no artigo 44 Lei 39/1995, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Solicitar do Rexistro da Propiedade número 2 de Pontevedra a práctica da nota marxinal de incoación do procedemento expropiatorio por taxación conxunta naqueles predios afectados polo mesmo que figuren inscritos, consonte o disposto no artigo 22 e seguintes do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo».

O proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta para a execución de planeamento: senda peonil na estrada do Pazo en Ardán pode ser consultado na seguinte ligazón:

https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/ae67f4bd282d776fc0b4c0102cdf58bb2f810732

Marín, 26 de xuño de 2025

María Ramallo Vázquez
Alcadesa