De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se notifica |
Referencia catastral Polígono/parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (expediente 1012-2025) Resolución de inicio O.E. do 20.6.2025 |
36043A026003530000JP 36043A026003530001KA (Polígono 26-parcela 353) |
Caldelas Ponte Caldelas |
Lucila Rodríguez Perez |
|
Orde de execución (expediente 1069-2025) Resolución de inicio O.E. do 20.6.2025 |
36043A008002390000JU (Polígono 8-parcela 239) |
Forzáns Ponte Caldelas |
Dolores Garrido |
|
Orde de execución (expediente 1260-2025) Resolución de inicio O.E. do 25.6.2025 |
36043A016001110000JK (Polígono 16-parcela 111) |
Vilarchán Ponte Caldelas |
Valentín Tombo Oubiña |
|
Orde de execución (expediente 390-2025) Resolución de inicio O.E. do 27.6.2025 |
36043A031003020000JG (Polígono 31-parcela 302) |
Forzáns Ponte Caldelas |
Manuel de la Cruz Moreira |
En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, polo que se lle comunica que tanto a notificación como o expediente está á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.
Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se puidese determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.
Considerando que o artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e repercutirán os custos ás persoas responsables.
Considerando que o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 27 de xuño de 2025
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
