DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 21 de xullo de 2025 Páx. 40845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO dunha praza de administrativo/a, grupo C, subgrupo C1, nivel CD 22.

Expediente número 4514/2024.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 134, do 13 de xuño de 2025, publícanse integramente as bases específicas reguladoras do acceso a un posto de funcionario de carreira desta entidade, administrativo/a de nóminas, subgrupo C1, da escala da Administración xeral.

De conformidade co previsto nas referidas bases o prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal

Ribadeo, 13 de xuño de 2025

Daniel Vega Pérez
Alcalde