DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 21 de xullo de 2025 Páx. 40822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de xullo de 2025, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-64-P e vinte e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo das persoas interesadas ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente E-64-P e vinte e cinco máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentaren as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data do acordo

E-64-P

José García Troitiño

10.6.2025

E-63-P

Joaquín Montes Noguerol

10.6.2025

E-61-P

Manuel Camba Andión

10.6.2025

E-329-L

Juan Blanco Failde

10.6.2025

E-216-C

Manuel Fafián Pérez

10.6.2025

E-217-C

José Gradaille Novo

10.6.2025

E-311-C

Pedro Pardo Fandiño

10.6.2025

E-302-C

Juan Guerra Sánchez

10.6.2025

E-1062-C

José González Liñares

10.6.2025

E-1017-C

Carmen Villadóniga Hevia

10.6.2025

E-326-C

Manuel Sánchez Sánchez e outros

10.6.2025

E-225-C

Antonio Montes Naveira

10.6.2025

E-1002-C

Ramón Dopico Lorenzo

10.6.2025

E-1022B-C

Manuel Carro Verea e outros

10.6.2025

E-1011-C

Nicolás Manuel Lage Lodos

10.6.2025

E-1145-C

Manuel Pedreira García

10.6.2025

E-1140-C

José Rodríguez Mato

10.6.2025

E-1139-C

Juan Bautista Romero Canosa

10.6.2025

E-1113-C

Jesús Beade Roel

10.6.2025

E-1138-C

Agustín Redondo Maneiro e outros

10.6.2025

E-1136-C

José Blanco López

10.6.2025

E-1181-C

Juan Yáñez Graña

10.6.2025

E-1183-C

Jesús Sánchez Gómez

10.6.2025

E-1160A-C

Manuel Iglesias Duro

10.6.2025

E-1243-C

Antonio Guillín Fraga

10.6.2025

E-1210-C

María Queijas Campos

10.6.2025