DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 21 de xullo de 2025 Páx. 40821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vilanova de Arousa (expediente DH.A36.106992).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Carlos Lede Paz e Carlos Lede Pérez.

Expediente: DH.A36.106992.

Volume total anual: 2.328,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,5 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial na parcela 30081 do polígono 202 do catastro de Vilanova de Arousa.

Lugar: Deiro.

Parroquia: Tremoedo.

Concello: Vilanova de Arousa.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta de aros de formigón Ø 4 m, 7 m de profundidade, e bombéase para rega de cultivos ao aire libre e en invernadoiro nas parcelas 47, 49, 79, 80, 30081 e 30082 do polígono 202 do catastro de Vilanova de Arousa.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, nº 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 6 de xuño de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur