DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 22 de xullo de 2025 Páx. 41137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 7 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0004-2025 IUL.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, sendo a súa data de publicación a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

A Coruña, 7 de xullo de 2025

Mª Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0004-2025 IUL.

DNI denunciada: 33281332X.

Acto de notificación: resolución.