En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Concello das Somozas.
CIF: ****8200*.
Expediente: DH.A15.93466.
Volume total anual: 1.126.878 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 35,94 l/s.
Orixe: río Mera. x= 592.075; y= 4.823.513 (coordenadas UTM ETRS89, fuso 29).
Lugar: Soutochán.
Parroquia: Seixas.
Concello: As Somozas (A Coruña).
Destino: abastecemento municipal do concello das Somozas e uso industrial no parque empresarial das Somozas.
Concello: As Somozas (A Coruña).
Descrición do aproveitamento:
Trátase dunha captación no río Mera mediante unha presa de derivación, que permite a derivación do caudal necesario mediante dous tubos de PVC de 315 mm de diámetro cara á ETAP de Soutochán (Ref. catastral 001800100NJ92C0001HJ). Desde este punto a auga bombéase cara á estación de bombeo de Latas (Ref. catastral 000900600NJ82B0001IR), desde onde se distribúe a auga por un lado cara ao depósito Fontelo (Ref. catastral 000900100NJ82B0001OR) e o depósito Vilalbesa (Ref. catastral 15082A020003670000GL), este último mediante bombeo. Desde estes depósitos subminístrase a auga para o abastecemento de todo o concello das Somozas, así como para uso industrial no parque empresarial das Somozas.
A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
A Coruña, 19 de marzo de 2025
Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte
