DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 22 de xullo de 2025 Páx. 41140

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 26 de maio de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de obras no concello de Sanxenxo (expediente DH.W36.106267).

Urbis Aurensis, S.L. solicita de Augas de Galicia a autorización de obras coas seguintes características:

Solicitante: Urbis Aurensis, S.L.

Expediente: DH.W36.106267.

Lugar/parroquia: Arra (San Amaro).

Concello: Sanxenxo.

Descrición das obras: construción de sete vivendas unifamiliares e de muros de peche na parcela con referencia catastral 36051A009060050000FE.

Este anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o artigo 109 do Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días contados a partir do seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Sanxenxo ou nas oficinas deste servizo, situadas na rúa López de Neira, 3-4º, local 403, Vigo (Pontevedra), onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal. O proxecto obxecto desta autorización estará dispoñible para a súa consulta na páxina web deste organismo de conca http://augasdegalicia.xunta.gal, na sección denominada Participación pública.

Vigo, 26 de maio de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur