DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 22 de xullo de 2025 Páx. 41168

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Corporación Radio e Televisión de Galicia, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria dun proceso de selección para a contratación de persoal directivo profesional na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia.

A Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia é unha sociedade mercantil pública autonómica do artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, na cal se integran os medios públicos de comunicación audiovisual de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia que prestan o servizo público de comunicación audiovisual.

Ao abeiro do artigo 45 da Lei 1/2025, do 14 de marzo, de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para a sociedade dixital, procederase, mediante convocatoria pública, á selección de persoal directivo profesional consonte cos principios de concorrencia, mérito e capacidade e tras a apreciación discrecional da idoneidade das persoas candidatas polo órgano competente.

As bases do proceso de selección están expostas na páxina web da Corporación
(http://www.csag.gal/). O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio e terá unha duración de sete (7) días naturais. Todas as publicacións e notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso de selección faranse públicas na indicada páxina web.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025

María Concepción Pombo Romero
Directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia