Mediante o Decreto da Alcaldía do 10 de xuño de 2025 aprobouse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha (1) praza, como persoal laboral fixo, de técnico/a do PAI (punto de atención á infancia), mediante concurso-oposición libre.
No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 121, do 26 de xuño de 2025, publicouse a convocatoria e as bases do proceso selectivo para a provisión en propiedade, dunha (1) praza como persoal laboral fixo, de técnico/a do PAI (punto de atención á infancia), incluída na oferta de emprego de 2024.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios publicaránse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de edictos do Concello e na sede electrónica https://vilarinodeconso.sedelectronica.gal de acordo co previsto nas bases.
Vilariño de Conso, 1 de xullo de 2025
Melisa Macía Domínguez
Alcaldesa
