DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 22 de xullo de 2025 Páx. 41161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Veiga

ANUNCIO de notificación aos titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga da xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta de

inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

10.10.2024

32084A00100332

001

00332

Descoñecida

16.10.2024

32084A00400870

004

00870

Descoñecida

16.10.2024

32084A01000065

010

00065

Descoñecida

15.10.2024

32084A01600210

016

00210

Descoñecida

16.10.2024

32084A03000137

30

00137

Descoñecida

16.10.2024

32084A03100150

031

00150

Descoñecida

16.10.2024

32084A03100171

031

00171

Descoñecida

14.10.2024

32084A04000011

040

00011

Descoñecida

14.10.2024

32084A04100020

041

00020

Descoñecida

14.10.2024

32084A04100959

041

00959

Descoñecida

14.10.2024

32084A04100991

041

00991

Descoñecida

14.10.2024

32084A04300257

043

00257

Descoñecida

14.10.2024

32084A04300258

043

00258

Descoñecida

14.10.2024

32084A04400166

044

00166

Descoñecida

14.10.2024

32084A04400364

044

00364

Descoñecida

16.10.2024

32084A04500537

045

00537

Descoñecida

16.10.2024

32084A05000432

050

00432

Descoñecida

10.10.2024

32084A05700036

057

00036

Descoñecida

10.10.2024

32084A05700060

057

00060

Descoñecida

14.10.2024

32084A05700244

057

00244

Descoñecida

14.10.2024

32084A05700248

057

00248

Descoñecida

15.10.2024

32084A06000008

060

00008

Descoñecida

15.10.2024

32084A06100069

061

00069

Descoñecida

15.10.2024

32084A06300139

063

00139

Descoñecida

15.10.2024

32084A06900066

069

00066

Descoñecida

15.10.2024

32084A06900481

069

00481

Descoñecida

18.10.2024

32084A07400590

074

00590

Descoñecida

21.10.2024

32084A07400594

074

00594

Descoñecida

17.10.2024

32084A07601252

076

01252

Descoñecida

21.10.2024

32084A07700441

077

00441

Descoñecida

22.10.2024

32084A07800823

078

00823

Descoñecida

22.10.2024

32084A07900193

079

00193

Descoñecida

17.10.2024

32084A10200658

102

00658

Descoñecida

16.10.2024

32084A10400180

104

00180

Descoñecida

16.10.2024

32084A10400222

104

00222

Descoñecida

16.10.2024

32084A10400236

104

00236

Descoñecida

10.10.2024

32084A12100195

121

00195

Descoñecida

10.10.2024

32084A12100204

121

00204

Descoñecida

10.10.2024

32084A12100217

121

00217

Descoñecida

10.10.2024

32084A12100218

121

00218

Descoñecida

10.10.2024

32084A12100264

121

00264

Descoñecida

10.10.2024

32084A12100265

21

00265

Descoñecida

11.10.2024

32084A12600475

126

00475

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección de referencia se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, a obriga de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada 3 meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área é inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se interpoñerá por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello liquidará provisionalmente os custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e será notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Nº de expediente

Referencia catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2024/32084A00100332

32084A00100332

0,2379

3.953,15 €

940,27 €

2024/32084A00400870

32084A00400870

0,0495

2.056,00 €

101,69 €

2024/32084A01000065

32084A01000065

0,0055

2.056,00 €

11,22 €

2024/32084A01600210

32084A01600210

0,0780

2.056,00 €

160,27 €

2024/32084A03000137

32084A03000137

0,0143

2.056,00 €

29,33 €

2024/32084A03100150

32084A03100150

0,0362

2.056,00 €

74,38 €

2024/32084A03100171

32084A03100171

0,0221

2.056,00 €

45,50 €

2024/32084A04000011

32084A04000011

0,0493

2.056,00 €

101,46 €

2024/32084A04100020

32084A04100020

0,0196

2.056,00 €

40,26 €

2024/32084A04100959

32084A04100959

0,0219

3.953,15 €

86,58 €

2024/32084A04100991

32084A04100991

0,0040

3.953,15 €

15,82 €

2024/32084A04300257

32084A04300257

0,0598

2.056,00 €

122,97 €

2024/32084A04300258

32084A04300258

0,0354

2.056,00 €

72,81 €

2024/32084A04400166

32084A04400166

0,0036

2.056,00 €

7,48 €

2024/32084A04400364

32084A04400364

0,0041

2.056,00 €

8,53 €

2024/32084A04500537

32084A04500537

0,2752

2.056,00 €

565,88 €

2024/32084A05000432

32084A05000432

0,0017

2.056,00 €

3,40 €

2024/32084A05700036

32084A05700036

0,0282

3.953,15 €

111,49 €

2024/32084A05700060

32084A05700060

0,3514

3.953,15 €

1.389,12 €

2024/32084A05700244

32084A05700244

0,0326

3.953,15 €

129,04 €

2024/32084A05700248

32084A05700248

0,0208

3.953,15 €

82,38 €

2024/32084A06000008

32084A06000008

0,0727

874,91 €

63,60 €

2024/32084A06100069

32084A06100069

0,0284

874,91 €

24,84 €

2024/32084A06300139

32084A06300139

0,0095

874,91 €

8,28 €

2024/32084A06900066

32084A06900066

0,0072

2.056,00 €

14,72 €

2024/32084A06900481

32084A06900481

0,3279

3.953,15 €

1.296,36 €

2024/32084A07400590

32084A07400590

0,0063

2.056,00 €

12,86 €

2024/32084A07400594

32084A07400594

0,0119

874,91 €

10,45 €

2024/32084A07601252

32084A07601252

0,0299

2.056,00 €

61,51 €

2024/32084A07700441

32084A07700441

0,0172

2.056,00 €

35,38 €

2024/32084A07800823

32084A07800823

0,0009

874,91 €

0,82 €

2024/32084A07900193

32084A07900193

0,0070

2.056,00 €

14,36 €

2024/32084A10200658

32084A10200658

0,0009

2.056,00 €

1,77 €

2024/32084A10400180

32084A10400180

0,0734

3.953,15 €

290,17 €

2024/32084A10400222

32084A10400222

0,1033

874,91 €

90,40 €

2024/32084A10400236

32084A10400236

0,0016

874,91 €

1,43 €

2024/32084A12100195

32084A12100195

0,0110

3.953,15 €

43,51 €

2024/32084A12100204

32084A12100204

0,0017

2.056,00 €

3,58 €

2024/32084A12100217

32084A12100217

0,0096

2.056,00 €

19,70 €

2024/32084A12100218

32084A12100218

0,0097

2.056,00 €

19,96 €

2024/32084A12100264

32084A12100264

0,0037

2.056,00 €

7,59 €

2024/32084A12100265

32084A12100265

0,0046

2.056,00 €

9,47 €

2024/32084A12600475

32084A12600475

0,1507

874,91 €

131,87 €

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Comisarase cautelarmente a madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no 22.2 da Lei 3/2007.

A Veiga, 28 de xaneiro de 2025

Juan Anta Rodríguez
Alcalde