DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 22 de xullo de 2025 Páx. 41160

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO da convocatoria do posto de director/a da Banda Municipal de Música.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 125 , do 3 de xullo de 2025, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, do 1 de xullo de 2025, relativas á convocatoria do posto de director/a da Banda Municipal de Música do concello de Santiago de Compostela.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2025

A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía do 17.6.2023)
Manuel César Vila
Concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local