DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 22 de xullo de 2025 Páx. 41142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 19 de xuño de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación e modificación da concesión de augas, coa clave DH.A15.23487, no concello das Somozas (expediente DH.A15.106577).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a novación e modificación da concesión coa clave DH.A15.23487, coas seguintes características:

Solicitante: UTE Protección Medio Ambiental, S.L. y Contenedores de La Coruña, S.L., UTE Lei 18/1982, do 26 de maio (UTE PMA Conteco/Sogarisa) NIF U70499561.

Expediente: DH.A15.106577.

Orixe: pozo 2 x=589.669; y=4.822.877; (ETRS89).

Volume total anual: 2.452,80 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,833 l/s.

Destino: abastecemento ao persoal da súa industria.

Lugar: Marván.

Parroquia: Seixas (Santa María).

Concello: As Somozas.

Descrición do aproveitamento:

As augas cáptanse do denominado pozo 2. A auga deste pozo, situado na parcela de referencia catastral 15082A005004700000GE, é bombeada a un depósito de 35 m³ para o seu tratamento e uso posterior. A auga emprégase en duchas, lavabo e lavadoras nas instalacións da actividade dentro desa parcela.

O documento técnico pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 19 de xuño de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte