BDNS (Identif.): 846564.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/846564
Primeiro. Persoas beneficiarias
Estudantado que está matriculado en centros propios no curso 2025/26 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa.
Segundo. Obxecto
O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de formación en centros de investigación dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2025/26.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de vinte e tres mil cincocentos dous euros con noventa céntimos (23.502,90 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 16 ata o 31 de xullo de 2025.
Vigo, 15 de xullo de 2025
O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 30.5.2024; DOG do 10 de xuño)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade
