DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 22 de xullo de 2025 Páx. 40937

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúe unha persoa aspirante do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG núm. 167, do 4 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

En vista do escrito de renuncia presentado,

DISPOÑO:

Excluír a Margarita Ignacio Cancela (DNI ***2838**) do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 10B do grupo V do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral da Emprego Público e Administración de Persoal