Mediante a Resolución do 26 de maio de 2025 (DOG núm. 103, do 2 de xuño), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia: escalas de arqueólogos; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos; auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.
A base VIII da convocatoria establece que «rematados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso, a Dirección Xeral da Función Pública ditará resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, na cal se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas».
En consecuencia, esta dirección xeral, logo de examinar as solicitudes das persoas participantes,
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de arqueólogos; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos; auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://www.xunta.gal/funcion-publica, na epígrafe de <concurso de traslados>.
A listaxe de persoas solicitantes excluídas figura como anexo desta resolución.
As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para, de ser o caso, poder emendar o defecto que motivou a exclusión. O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/xeracion-de-reclamacions e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.
Aquelas persoas que non figuren na relación de admitidas nin na de excluídas e solicitasen participar no concurso disporán do mesmo prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular a súa reclamación.
A estimación ou desestimación das peticións de emenda ou reclamacións entenderanse implícitas na resolución pola cal se publique a listaxe definitiva.
As persoas solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2025
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público
e Administración de Persoal
ANEXO
|
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Motivo da |
|
Aguiar |
Paz |
Ana María |
***6351** |
84 |
|
Capón |
Fernández |
Aurora |
***1926** |
118 |
|
Cruz |
Raña |
Sandra |
***2326** |
84 |
|
García |
Souto |
Beatriz |
***3595** |
84 |
|
Lado |
Tomé |
Juan José |
***2069** |
118 |
|
Leiras |
Enrique |
María Jesús |
***4582** |
112 |
|
Pérez-Gorostiaga |
Silva |
Fernando |
***0551** |
4,12,13 |
|
Picos |
Ferreira |
José Emilio |
***7923** |
13 |
|
Pombo |
Varela |
Noemí |
***0111** |
73 |
|
Quintero |
Castro |
Rafael Luján |
***6116** |
118 |
|
Trillo |
Caamaño |
José Antonio |
***2309** |
118 |
|
Vázquez |
Barros |
Estefanía |
***0068** |
12 |
|
Verdera |
Díaz |
María Carmen |
***5065** |
4,13 |
Relación das causas de exclusión
|
Código do motivo de exclusión |
Descrición do motivo de exclusión |
|
4 |
Falta nomeamento para o corpo/escala desde o que concursa |
|
12 |
Corpo-escala, relación de servizo ou tipo de Administración non corresponde ás do concurso |
|
13 |
Non cumpre o tempo exixido no posto definitivo |
|
73 |
Non existe solicitude da persoa condicionada |
|
84 |
Nomeamento provisional no seu proceso selectivo |
|
112 |
O concurso non está aberto ao seu corpo/escala/Administración |
|
118 |
Non posúe 2 anos na categoría profesional equivalente á escala/especialidade de funcionarización |
