Na sesión que tivo lugar o 14 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 20 de febreiro de 2025 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), acordou o seguinte en relación co segundo exercicio do proceso selectivo:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e cos criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio do proceso selectivo aprobados o 2 de xuño de 2025, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo vinte e dúas (22) persoas aspirantes presentadas que obtiveron unha puntuación mínima de vinte puntos (20).
Conforme o disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, tamén superaron o segundo exercicio aquelas persoas aspirantes que o superaran no proceso selectivo anterior convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022, pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas (DOG núm. 65, do 4 de abril). Estes aspirantes exentos que optaron por non presentarse manteñen o resultado obtido na convocatoria anterior. O número de aspirantes nesta situación é de vinte e un (21).
En consecuencia, superaron o segundo exercicio un total de 43 persoas aspirantes.
Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas no portal web corporativo da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal/es/funcion-publica
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025
José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal
