DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 23 de xullo de 2025 Páx. 41242

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2025 pola que se aproba e se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de marzo de 2025 (DOG do 3 de abril e BOE do 17 de abril), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade saúde, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de maio de 2025 (DOG do 4 de xuño), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado .

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 26 de setembro de 2025, ás 11.00 horas, na Aula Seminario do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, pavillón C, andar 0, da Facultade de Farmacia (avenida de Vigo, s/n, 15782 Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela