Unha vez aprobada inicialmente mediante o Acordo do Pleno do 6 de xuño de 2025 a modificación puntual nº 2 do Plan xeral de ordenación municipal de Xunqueira de Ambía para a redelimitación do solo do núcleo rural de Casasoá, no concello de Xunqueira de Ambía (Ourense), de conformidade co artigo 78.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Durante este prazo poderá ser examinada por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.
Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada por esta modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.
A duración da suspensión é de dous anos, aínda que se extinguirá de maneira automática cando se aprobe definitivamente.
Xunqueira de Ambía, 27 de xuño de 2025
José Luis Gavilanes Losada
Alcalde
