DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 23 de xullo de 2025 Páx. 41225

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 14 de xullo de 2025 pola que se ordena a publicación do Acordo do 10 de xullo de 2025 polo que se convoca o VI Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.

BDNS (Identif.): 846224.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/846224

Primeiro. Persoas beneficiarias

Autores ou coautores de traballos de investigación, que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun dos seus integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.

Segundo. Obxecto

Distinguir aqueles traballos de investigación cuxo contido garde relación coa prevención da corrupción nas administracións públicas.

Terceiro. Bases reguladoras

Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019 polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión, publicado mediante a Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, de 12 de novembro), modificada mediante a Resolución do 23 de maio de 2022, pola que se publica o Acordo do Pleno do 18 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño); pola Resolución do 23 de xuño de 2023, pola que se publica o Acordo do Pleno do Consello de Contas do 22 de xuño de 2023 (DOG nº 129, do 7 de xullo), e por Resolución do 6 de xuño de 2024, pola que se publica o Acordo do Pleno do Consello de Contas do 28 de maio de 2024 (DOG nº 116, do 17 de xuño).

Cuarto. Financiamento

O premio previsto nesta convocatoria farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.111C.481.01 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Quinto. Importe

A dotación económica do V Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:

Primeiro premio: 3.000 euros.

Segundo premio: 1.500 euros.

Accésits: no caso de seren declarados desertos o primeiro e o segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000 euros cada un.

Sexto. Prazo de presentación

O prazo iníciase ao día seguinte da publicación da convocatoria e remata o 15 de novembro de 2025.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025

Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia