Dando cumprimento ao disposto na base 2 do Acordo do Pleno do 23 de setembro de 2019, polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases para a súa concesión (DOG nº 215, do 12 de novembro), modificadas mediante a Resolución do 23 de maio de 2022 (DOG nº 110, do 9 de xuño); a Resolución do 23 de xuño de 2023 (DOG nº 129, do 7 de xullo), e a Resolución do 6 de xuño de 2024 (DOG nº 116, do 17 de xuño),
RESOLVO:
Ordenar a publicación do Acordo do Pleno do Consello de Contas de Galicia do 10 de xullo de 2025 polo que se convoca o VI Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz, como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2025
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
ANEXO
Convocatoria do VI Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz
O Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019 tomou o Acordo polo que se creaba o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecían as bases reguladoras para a súa concesión, que foi publicado mediante a Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro).
Logo de cinco edicións do premio e de tres modificacións das súas bases reguladoras, mediante a Resolución do 23 de maio de 2022 (DOG nº 110, do 9 de xuño); a Resolución do 23 de xuño de 2023 (DOG nº 129, do 7 de xullo), e a Resolución do 6 de xuño de 2024 (DOG nº 116, do 17 de xuño), procede realizar na anualidade de 2025 a convocatoria do VI Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.
Tendo en conta o anterior, o Pleno do Consello de Contas de Galicia, na súa sesión do 10 de xullo de 2025,
ACORDA:
Convocar o premio correspondente á edición de 2025 (sexta edición) que se rexerá polas seguintes disposicións:
Primeira. Convocatoria
Convócase o VI Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz correspondente á edición de 2025, mediante a Resolución do 14 de xullo de 2025, pola que se publica o Acordo do Pleno do 10 de xullo de 2025, de acordo coa base 2 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, polo que se crea o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz e se establecen as bases reguladoras para a súa concesión, publicado mediante Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro), modificadas mediante a Resolución do 23 de maio de 2022 pola que se publica o Acordo do Pleno do 18 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño); a Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se publica o Acordo do Pleno do 22 de xuño de 2023 (DOG nº 129, do 7 de xullo) e a Resolución do 6 de xuño de 2024 pola que se publica o Acordo do Pleno do 28 de maio de 2024 (DOG nº 116, do 17 de xuño).
Segunda. Requisitos e procedemento
Os requisitos e o procedemento de concesión do premio serán os recollidos no Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, no cal se establecen as bases reguladoras para a súa concesión.
Terceira. Participantes
De acordo coa base 4 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, modificada polo Acordo do Pleno do Consello de Contas do 18 de maio de 2022, poderán concorrer ao premio os/as autores/ras ou coautores/as de traballos de investigación que teñan o seu domicilio en calquera dos Estados membros da Unión Europea, que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación, composto por persoas físicas, baixo a coordinación dun dos seus integrantes, que actuará como representante do grupo e responsable do traballo para os efectos oportunos.
Non poderán concorrer ao premio:
a) Aquelas persoas que tivesen a condición de membro do Pleno do Consello de Contas na data desta convocatoria.
b) Aquelas persoas que obtivesen o premio nas dúas edicións anteriores a esta convocatoria.
c) Aquelas persoas que formasen parte do xurado nas dúas edicións anteriores á presente convocatoria.
Cuarta. Prazo de presentación
En cumprimento da base 5 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, establécese que o prazo de presentación das solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e finaliza o 15 de novembro de 2025.
Quinta. Designación do xurado
De conformidade co disposto na base 9 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, modificada polo Acordo do Pleno do Consello de Contas do 18 de maio de 2022, o xurado estará composto por:
Presidente: conselleiro/a maior do Consello de Contas de Galicia.
Vocais:
– Antonio Arias Rodríguez.
– María Concepción Campos Acuña.
– María Inmaculada Valeije Álvarez.
Secretaria: María Pérez Vázquez.
Sexta. Prazo do veredicto do xurado
De conformidade co establecido na base 11 do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019, modificada polo Acordo do Pleno do Consello de Contas do 18 de maio de 2022, o prazo para a emisión do veredicto do xurado finalizará o 15 de decembro de 2025.
Sétimo. Dotación económica
A dotación económica do V Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz é de 4.500 euros, distribuídos da seguinte forma:
a) Primeiro premio: 3.000 euros.
b) Segundo premio: 1.500 euros.
c) Accésits: no caso de seren declarados desertos o primeiro e o segundo premios, poderanse conceder ata tres accésits de 1.000 euros cada un.
A dita contía imputarase á partida orzamentaria 02.01.111C.481.01 do orzamento do Consello de Contas para o exercicio 2025.
Oitava. Modelo de solicitude e impreso de participación
Publícanse o modelo de solicitude e o impreso de participación que figuran como anexos I e II do Acordo do Pleno do Consello de Contas do 23 de setembro de 2019.
Novena. Entrada en vigor
A presente convocatoria entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
ANEXO I
Modelo solicitude de participación no
VI Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz
En virtude do recollido nas bases reguladoras do Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz aprobadas polo Pleno do Consello de Contas na súa sesión do 23 de setembro de 2019 e publicadas mediante a Resolución do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 215, do 12 de novembro), modificadas mediante a Resolución do 23 de maio de 2022 polo que se publica Acordo do Pleno do 18 de maio de 2022 (DOG núm. 110, do 9 de xuño); a Resolución do 23 de xuño de 2023 pola que se publica o Acordo do Pleno do 22 de xuño de 2023 (DOG nº 129, do 7 de xullo), e a Resolución do 6 de xuño de 2024 pola que se publica o Acordo do Pleno do 28 de maio de 2024 de modificación das bases e convocatoria do V Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz (DOG nº 116, do 17 de xuño); da Resolución do 14 de xullo de 2025 pola que se publica o Acordo do Pleno do 10 de xullo de 2025, e tendo en conta que a participación nela non debe conter ningún elemento que permita identificar o/a autor/autora ou autores/ras dos traballos,
SOLICÍTASE:
Que ................................................................... o ......................................... o traballo titulado ....................................................................................................................., presentado baixo o pseudónimo de ....................................................................................., por don/dona ........................................................................, con DNI ............................. e enderezo electrónico[1] .........................sexa admitido á concorrencia no V Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.
Xúntase a seguinte documentación:
Sobre 1: será un sobre branco pechado co título do traballo exclusivamente. O contido deste sobre 1 será unicamente un exemplar do traballo en formato papel ou dixital (preferentemente), e deberá cumprir os requisitos previstos na base 7.
Sobre 2: será un sobre branco pechado co título do traballo e o pseudónimo do seu autor/a ou autores/as exclusivamente. O contido deste sobre 2 será unicamente o impreso de participación do anexo II xunto coa copia do DNI do seu autor/a ou autores.
|
PRESTO O MEU CONSENTIMENTO para o tratamento dos meus datos de carácter persoal cos efectos previstos a continuación. Os datos de carácter persoal que consten na solicitude de participación no premio serán tratados polo Consello de Contas de Galicia coa finalidade da xestión e resolución da convocatoria, debido ao seu interese público. Os datos de carácter persoal serán conservados durante a tramitación do procedemento de concesión do premio e das reclamacións que puideren formularse, sendo de aplicación a normativa de arquivamento e xestión documental da Comunidade Autónoma de Galicia. Os datos dos que resultasen premiados nas modalidades que leven de seu unha prestación económica conservaranse de acordo co disposto na normativa tributaria estatal e autonómica. Os datos de carácter persoal dos premiados poderán publicarse na páxina web do Consello de Contas e, de ser o caso, nas redes sociais e nos medios de comunicación. Os participantes na convocatoria do premio poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, e a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando proceda, ante o Consello de Contas de Galicia, rúa Domingo Fontán, 7, 15706 Santiago de Compostela, ou no enderezo electrónico dpd@ccontasgalicia.es |
Conselleiro maior-Consello de Contas de Galicia
Rúa Domingo Fontán, 7, 15702 Santiago de Compostela
ANEXO II
Impreso de participación
A) Solicitude de participación no V Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz.
A.1. Datos do traballo.
|
Título |
|
Pseudónimo |
A.2. Datos da persoa autora o, de ser o caso, responsable do grupo investigador.
|
Apelidos e nome |
NIF/pasaporte |
||
|
Enderezo |
|||
|
Concello |
Provincia |
País |
Código postal |
|
Teléfono |
Enderezo electrónico |
||
A.3. Exclusivamente para o caso de que se trate dun grupo investigador, sen personalidade xurídica propia, especificar os datos dos seus compoñentes, incluído/a o/a seu responsable indicado na epígrafe A.2.
|
Apelidos e nome ou razón social |
NIF/pasaporte |
% premio que se vai aplicar (1) |
A.4. Exclusivamente para cando a persoa autora ou responsable sexa persoa física.
|
Profesión |
|
Organismo/empresa |
|
Posto de traballo |
(1) Especificar a porcentaxe do premio que se vai aplicar a cada un dos membros do grupo investigador.
B) Autorizacións e solicitude.
B.1. Autorización expresa de comunicación telemática.
|
AUTORIZA, como medio de comunicación preferente, o enderezo de correo electrónico. |
B.2. Documentación non achegada por se atopar en poder do Consello de Contas de Galicia con anterioridade a esta solicitude (cubrir só no caso de que proceda).
|
Descrición do documento |
Descrición do procedemento onde se participaba |
Data de presentación |
B.3. Declaración, lugar, data e sinatura.
|
O(s)/A(s) que asinan abaixo (2) en calidade de (3)................................................ realiza/n a declaración responsable de que son certos cantos datos figuran na presente solicitude, de que o traballo presentado é orixinal, non foi premiado con anterioridade á publicación da convocatoria e non se atopa publicado nin se publicará ata que non se coñeza a resolución de concesión do premio mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo, acepta/n na súa totalidade as bases reguladoras e, de ser o caso, autoriza a Secretaría Xeral do Consello de Contas de Galicia para solicitar os documentos non presentados e relacionados na epígrafe B2 deste impreso. Finalmente, se o traballo resulta premiado, comprométese a achegar a documentación que corresponda descrita na base 6.3. ................................................., .......... de ................................... de ............ Asinado:......................................................................... |
(2) No caso de ser un grupo de investigación, deberán asinar todos os seus membros.
(3) A/as persoa/s autora/s ou representante legal.
B. 4. Autorización expresa para a publicación e difusión dos traballos premiados.
|
AUTORIZA a publicación e difusión por parte do Consello de Contas dos traballos premiados. |
[1] É obrigatorio cubrir este campo para o caso de que sexa necesario emendar algún defecto da documentación.
