Está en trámite unha concesión administrativa a favor de UFD, Distribución Electricidad, S.A., pola ocupación de dominio público portuario para realizar a actividade de subministración de electricidade, no porto do Freixo, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 12.6.2025.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 3 de xullo de 2025
Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia
