DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2025 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, acordouse, en virtude do indicado no seu artigo 70.13, dar publicidade ás resolucións, que poñen fin á vía administrativa, dos outorgamentos das seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

• Data da resolución: 27.5.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-04-25-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación de edificio para lavado e almacenamento de caixas de pesca.

Porto: Cedeira.

Concesionario: Confraría de Pescadores de Cedeira.

Superficie concedida no título concesional: 505 m2.

Investimento: 153.257,41 € (con IVE).

Prazo da concesión: vinte e cinco (25) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 1.425,29 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos o 1,5 % do importe neto da cifra anual de negocios.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

• Data da resolución: 27.5.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-40-24-C-1.

Obxecto da concesión: lámina de auga e edificacións, para mantemento e reparación de embarcacións do sector pesqueiro/marisqueiro e doutros sectores.

Porto: O Freixo.

Concesionario: Astilleros y Varaderos Lago-Abeijón, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 16.439 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 33.629,05 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos o 1 % do importe neto da cifra anual de negocios.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

• Data da resolución: 3.6.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-48-19-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do DPP do edificio 12.48.EDF.016 (parcial) para o taller mecánico de reparación naval e montaxe de motores mariños.

Porto: Ribeira.

Concesionario: Talleres Baña, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 152 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 6.994,70 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais e de servizos o 1 % do importe neto da cifra anual de negocios.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

• Data da resolución: 11.6.2025.

Tipo de trámite: outorgamento de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 12-30-23-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dominio público portuario e parcialmente do edificio 12.30.EDF.004 (lonxa) para o desenvolvemento da actividade comercial de lonxa para o sector pesqueiro e/ou marisqueiro.

Porto: Camariñas.

Concesionario: Cofradía de Pescadores de Camariñas.

Superficie concedida no título concesional: 1.167 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: dez (10) anos.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 3.698,64 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais 0,0015 € por quilogramo de peixe vendido en lonxa.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: si.

• Data da resolución: 17.6.2025.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-03-16-C-1.

Obxecto da concesión: ocupación do dpp en superficie e soterrado para construción de centros de transformación e liña de baixa tensión para fornecemento de electricidade.

Porto: Foz.

Concesionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa).

Superficie concedida no título concesional: 387 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: ata 22.10.2031.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 1.569,43 € anuais (IVE excluído), e en concepto de taxas por desenvolvemento de actividades comerciais ou industriais de 1.161,00 € o ano.

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

• Data da resolución: 17.6.2025.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-07-C-1.

Obxecto da concesión: garaxe de maquinaria propia e oficina de consignatario.

Porto: Ribadeo.

Concesionario: Pertejo, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 446 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: ata o 17.11.2036.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 1.569,43 € anuais (IVE excluído).

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

• Data da resolución: 17.6.2025.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-95-C-1.

Obxecto da concesión: almacén de mercadorías nº 2.

Porto: Ribadeo.

Concesionario: Pertejo, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 470 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: ata o 12.8.2030.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 1.252,80 € anuais (IVE excluído).

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

• Data da resolución: 17.6.2025.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-94-C-2.

Obxecto da concesión: almacén de mercadorías nº 1.

Porto: Ribadeo.

Concesionario: Pertejo, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 375 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: ata o 7.6.2029.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 1.035,19 € anuais (IVE excluído).

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

• Data da resolución: 17.6.2025.

Tipo de trámite: modificación substancial de concesión no dominio público portuario.

Código da concesión: 14-01-07-C-5.

Obxecto da concesión: instalación de alpendre metálico para depósito de big-bags de magnesita.

Porto: Ribadeo.

Concesionario: Pertejo, S.L.

Superficie concedida no título concesional: 310 m2.

Investimento: 0 €.

Prazo da concesión: ata o 24.3.2037.

Taxas que se devindicarán a Portos de Galicia: en concepto de taxas de ocupación do dominio público portuario, 855,76 € anuais (IVE excluído).

Taxas TODP susceptibles de bonificación/s: non.

Contra os citados actos administrativos que esgotan a vía administrativa cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución en que se fai público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia