De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de reestruturación parcelaria de Vizoño Vilacova II (Abegondo-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de reestruturación da zona.
Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 8 de xullo de 2025
María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña
ANEXO
Vizoño-Vilacova II (Abegondo-A Coruña).
|
DNI/Nome |
Nº prop. |
Acto notificado |
|
32323406B |
606 |
RDX 21.5.2025 |
