DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan varias persoas propietarias da zona de reestruturación parcelaria de Dodro Laíño II, Dodro, para ser notificadas por comparecencia dun trámite de audiencia previo á modificación do acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas propietarios da zona de restruturación parcelaria de Dodro Laíño II (Dodro, A Coruña), que figuran no anexo, para ser notificadas por comparecencia dun trámite de audiencia previo á modificación do acordo.

Este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O expediente poderase consultar nas dependencias do Servizo de Infraestructuras Agrarias, Departamento Territorial da Coruña, chamando aos teléfonos 981 18 46 35 e 981 18 59 25, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 8 de xullo de 2025

María Nieves Mancebo Santamaría
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Dodro Laíño II (Dodro, A Coruña).

DNI/nome

Nº de prop.

Acto notificado

35374276T

121

Trámite de audiencia

Manuel Calvo Romero

213

Trámite de audiencia

32326599F

670

Trámite de audiencia

78794201L

769

Trámite de audiencia

76467940R

822

Trámite de audiencia

33105828L

945

Trámite de audiencia

10495762B

948

Trámite de audiencia

33150501A

950

Trámite de audiencia

Paulina Carmen Varela Romero

951

Trámite de audiencia