DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41496

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se somete a información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Retizós, no concello de Baleira (Lugo).

De conformidade co artigo 9 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, sométese ao trámite de información pública o estudo previo de iniciación da zona de reestruturación parcelaria de Retizós, no concello de Baleira (Lugo), promovido pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

No prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, unha copia do estudo previo de iniciación coa información de carácter persoal protexida estará dispoñible ao público para a súa consulta no concello, así como na seguinte ligazón da páxina web da Consellería do Medio Rural, dentro da epígrafe de consultas públicas:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos

Así mesmo, o documento orixinal estará dispoñible para a súa consulta nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Servizo de Reforma das Estruturas, en horario de atención ao público (Edificio Administrativo de San Caetano, núm. 4, planta soto, 15781 Santiago de Compostela).

Durante este prazo as persoas interesadas poderán realizar as achegas que consideren oportunas, mediante escrito dirixido á directora xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As achegas recibidas serán analizadas polo servizo provincial competente e, se é o caso, incorporadas na redacción final do estudo previo de iniciación.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

María Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral de Desenvolvemento Rural