DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 671-C.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 1 de xullo de 2025, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:

Identificación e localización: parcela número 671-C dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.932,58 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actuais titulares: Guillermo Nogueira Falcón (***6227**), Marcial Nogueira Leiro (***0144**), Marcial Nogueira Falcón (***4700**), María del Carmen Nogueira Falcón (***6857**), Rosa María Nogueira Falcón (***5455**), María Inés Nogueira Falcón (***6469**) e Daniel Nogueira Falcón (***6806**).

Novos titulares: Marcial Nogueira Leiro (***0144**), Marcial Nogueira Falcón (***4700**), María del Carmen Nogueira Falcón (***6857**), Rosa María Nogueira Falcón (***5455**), María Inés Nogueira Falcón (***6469**) e Daniel Nogueira Falcón (***6806**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 2 de xullo de 2025

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo