En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG núm. 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a posta en funcionamento do establecemento que se describe:
Solicitante: Sea Sole Acuicultura, S.L. (B36513547).
Tipo: criadeiro e granxa mariña.
Proxecto: de adecuación e solicitude de renovación do permiso e concesión de actividade na granxa mariña de engorda de rodaballo e linguado.
Localización: lugar de Seráns, s/n, San Pedro de Muros, Porto do Son (A Coruña).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa, 5 A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025
Cándido Rial Rodríguez
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
