En sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 241, do 16 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 221, do 21 de novembro),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar rematado o proceso selectivo.
Segundo. Publicar como anexo a este acordo a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
De conformidade co disposto na base IV.2 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación prevista na dita base.
Terceiro. Elevar esta resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2025
María Polo Piñeiro
Presidenta do tribunal
ANEXO
|
|
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
1º exercicio |
2º exercicio |
Puntuación |
|
1 |
***2636** |
Ónega Folgueira, María José |
P.I. |
68,47 |
Exento |
68,47 |
|
2 |
***2755** |
Vilar Prego, Beatriz |
P.I. |
64,34 |
Exento |
64,34 |
|
3 |
***1416** |
Castro Domínguez, Mónica María |
P.I. |
61,52 |
Exento |
61,52 |
|
4 |
***5807** |
López Cantorna, Ana |
Libre |
76,52 |
Exento |
76,52 |
|
5 |
***6746** |
Eiriz Pazo, Eva |
Libre |
73,29 |
Exento |
73,29 |
|
6 |
***4178** |
Villaverde Barreiro, Estefanía |
Libre |
72,93 |
Exento |
72,93 |
|
7 |
***7608** |
Suárez Costa, Iria |
Libre |
71,68 |
Exento |
71,68 |
|
8 |
***5957** |
García Martínez, Rosalía |
Libre |
71,14 |
Exento |
71,14 |
|
9 |
***0740** |
Iglesias Casas, Daniel |
Libre |
68,63 |
Exento |
68,63 |
|
10 |
***4193** |
Dapena García, Silvia |
Libre |
68,10 |
Exento |
68,10 |
|
11 |
***4830** |
Sande González, Lucía |
Libre |
67,56 |
Exento |
67,56 |
|
12 |
***2576** |
Rivera Sobrado, María |
Base I.1.1 |
62,90 |
Exento |
62,90 |
