DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41376

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2025 pola que se resolve a convocatoria do Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2025 (código de procedemento PR775A).

Mediante a Resolución da directora da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 24 de marzo de 2025 aprobáronse as bases reguladoras e convocouse o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2024 (DOG núm. 65, do 3 de abril).

Segundo o disposto nas bases primeira e segunda da convocatoria, existen as seguintes categorías e premios:

Categorías

De 9 a 11 anos

De 12 a 14 anos

1° premio

250 euros

250 euros

2° premio

200 euros

200 euros

3° premio

150 euros

150 euros

Segundo a base décima e décimo primeira da convocatoria, para valorar os textos constitúese un xurado, que relaciona os textos presentados por orde de prelación tento en conta os seguintes criterios de valoración:

a) Calidade literaria: ata 14 puntos.

b) Orixinalidade: ata 14 puntos.

c) Valores culturais e que sustentan a democracia e os dereitos humanos, incluída a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato e a non-discriminación, así como a prevención da violencia de xénero e o acoso escolar ou calquera outra manifestación de violencia: ata 10 puntos.

d) Coidado da lingua: ata 12 puntos.

Mediante a Resolución da directora da EGAP do 2 de xuño de 2025 nomeouse o xurado do antedito premio. En vista dos criterios transcritos, o xurado relacionou os contos situados nos tres primeiros postos de cada unha das categorías.

En vista de todo o exposto,

RESOLVO:

Adxudicarlles os premios do concurso ás seguintes persoas:

Categoría (idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos):

1° premio de 250 euros para Mael Rellán Davila por «Paqui a Vianesa».

2° premio de 200 euros para Sofiya Insua Evtyukova por «O raposo e a limacha».

3° premio de 150 euros para Arwen Fernández García por «O pequeno e o volcán».

Categoría (idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos):

1° premio de 250 euros para Eume Piñeiro Cavero por «A besta».

2° premio de 200 euros para Itxaso Illarramendi González por «As nenas bonitas cavan tumbas».

3° premio de 150 euros para Ana López Canosa por «Caos no papel».

Segundo o disposto no artigo 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e como tamén vén recollido no número 2 da base décimo segunda da convocatoria, as persoas beneficiarias, a través dos/das respectivos representantes legais, disporán dun prazo de dez días hábiles para a aceptación do premio mediante escrito dirixido á EGAP. Transcorrido este prazo sen manifestación expresa, o premio entenderase tacitamente aceptado.

Esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá ser impugnada en reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto polos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa de recurso contencioso-administrativo ante os xulgados desa xurisdición que resulten competentes no prazo de dous (2) meses, contados tamén a partir do día seguinte ao da publicación deste acto, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2025

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública