DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 9 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANI-OU-07/2025-V e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Ourense, sita na avenida da Habana, 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 9 de xullo de 2025

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Persoa que adoptou o acto

ANI-OU-07/2025-V

44481981G

Resolución de procedemento sancionador

Directora territorial

ANI-OU-41/2025-V

34984582H

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Directora territorial

ANI-OU-42/2025-V

43125630D

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Directora territorial

ANI-OU-47/2025-V

44480060S

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Directora territorial

ANI-OU-52/2025-V

34984981A

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Directora territorial