DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ANUNCIO do 15 de xullo de 2025 polo que se cita a persoa interesada en relación co procedemento que se tramita coa referencia SXRH-PD-6/25.

A persoa instrutora do procedemento SXRH-PD-6/25 remitiu o prego de cargos da persoa inculpada ao domicilio que consta nos rexistros da Consellería, a través do servizo de Correos, e tamén mediante a posta á disposición electrónica, intentos que resultaron infrutuosos. Por tal motivo, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase este anuncio para que lle sirva de notificación á persoa interesada. A continuación identifícase a persoa, a referencia do procedemento e os trámites aos cales se convoca:

Persoa citada: 36043601W.

Procedemento: SXRH-PD-6/25.

Trámite: citación para o día 11 de agosto de 2025, ás 11.00 horas, nas dependencias, na cidade de Vigo, do Servizo Territorial de Inspección Educativa do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (sitas no seguinte enderezo: praza da Estrela, 9, 4º andar, Vigo), co obxecto de entregarlle á persoa interesada unha copia do prego de cargos.

Se a persoa citada non comparece na data indicada, continuarase o procedemento cos actos que resulten procedentes en dereito.

Pontevedra, 15 de xullo de 2025

Carolina García Rodríguez
Instrutora