A disposición transitoria terceira do Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, establece que as comunidades e cidades autónomas deberán facer pública a relación de coutos en que se permitirán, logo de autorización administrativa, as soltas con especies alóctonas non catalogadas obxecto de aproveitamento piscícola ou cinexético cando non se vexan afectadas pola prohibición do artigo 54.2 da Lei 42/2007, do 13 de decembro. Esta relación poderá incluír, exclusivamente, os coutos en que se autorizasen estas soltas con anterioridade á entrada en vigor da Lei 42/2007, do 13 de decembro.
Neste sentido, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural publicou a Resolución do 28 de setembro de 2017 pola que se publica a relación de tecores e explotacións cinexéticas comerciais da Comunidade Autónoma de Galicia en que se permite a solta de faisán (Phasianus colchicus), en aplicación da disposición transitoria terceira do Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras (DOG número 195, do 13.10.2017).
Desde a publicación daquela resolución recompilouse información que permite constatar a existencia de soltas de faisán con anterioridade á entrada en vigor da Lei 42/2007, do 13 de decembro, en terreos non incluídos na antedita Resolución do 28 de setembro de 2017, polo que é preciso a súa modificación co fin de actualizala engadindo o tecor A Ulloa, LU-10.105, na relación de tecores en que se permite a solta de faisán (Phasianus colchicus).
De acordo co disposto no artigo 148.1.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza.
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en virtude do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e do Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ten atribuídas as competencias e funcións en materia de ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos. En concreto, as competencias e funcións atribuídas en materia de ordenación, conservación, protección, fomento e aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos recaen na Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Con base no exposto e como órgano competente en materia cinexética da Comunidade Autónoma de Galicia, en virtude da competencia atribuída polo Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático,
DISPOÑO:
Artigo único. Modificación da Resolución do 28 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publica a relación de tecores e explotacións cinexéticas comerciais da Comunidade Autónoma de Galicia en que se permite a solta de faisán (Phasianus colchicus), en aplicación da disposición transitoria terceira do Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras
Modifícase a Resolución do 28 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publica a relación de tecores e explotacións cinexéticas comerciais da Comunidade Autónoma de Galicia en que se permite a solta de faisán (Phasianus colchicus), en aplicación da disposición transitoria terceira do Real decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o Catálogo español de especies exóticas invasoras, nos termos que se recollen a continuación:
Un. Modifícase o anexo, «Relación de tecores e explotacións cinexéticas comerciais en que poden realizarse soltas de faisán (Phasianus colchicus)».
Disposición derradeira única. Eficacia
Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2025
María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural
ANEXO
Relación de tecores e explotacións cinexéticas comerciais
en que poden realizarse soltas de faisán (Phasianus colchicus)
Provincia da Coruña.
|
Matrícula |
Nome |
|
C-10.005 |
Tecor do Barro |
|
C-10.015 |
Tecor Vilarmaior-Fradiz |
|
C-10.016 |
Tecor Ordes |
|
C-10.023 |
Tecor A Monteiría |
|
C-10.025 |
Tecor San Martín |
|
C-10.035 |
Tecor Montemaior |
|
C-10.038 |
Tecor As Mariñas |
|
C-10.039 |
Tecor Río Iso |
|
C-10.044 |
Tecor Arteixo |
|
C-10.048 |
Tecor San Pelayo |
|
C-10.049 |
Tecor Nosa Sra. da Cela |
|
C-10.051 |
Tecor Muxía |
|
C-10.052 |
Tecor Xallas |
|
C-10.053 |
Tecor Cambre |
|
C-10.055 |
Tecor Paderne |
|
C-10.056 |
Tecor As Gabeiras |
|
C-10.059 |
Tecor Vilariño |
|
C-10.060 |
Tecor Santaia de Gorgullos |
|
C-10.063 |
Tecor Barbanza de Ribeira |
|
C-10.064 |
Tecor Nosa Sra. do Pilar |
|
C-10.065 |
Tecor Urogallo |
|
C-10.066 |
Tecor Santiso |
|
C-10.070 |
Tecor Azor-Ames |
|
C-10.073 |
Tecor San Miguel |
|
C-10.074 |
Tecor Sta. Mariña |
|
C-10.077 |
Tecor Nimo-Colou |
|
C-10.079 |
Tecor Arasolis |
|
C-10.081 |
Tecor Viladabade |
|
C-10.084 |
Tecor Rianxo |
|
C-10.088 |
Tecor San Xulián |
|
C-10.090 |
Tecor Pedrapartida |
|
C-10.091 |
Tecor Sanatorio |
|
C-10.092 |
Tecor San Mamede |
|
C-10.093 |
Tecor Os Labercos |
|
C-10.094 |
Tecor San Vicente |
|
C-10.095 |
Tecor Halcón |
|
C-10.098 |
Tecor San Roque |
|
C-10.099 |
Tecor Rosalía de Castro |
|
C-10.101 |
ECC A Carballoa |
|
C-10.102 |
Tecor Porto do Son |
|
C-10.103 |
Tecor San Can |
|
C-10.107 |
Tecor Val Xestoso |
|
C-10.111 |
Tecor Touro |
|
C-10.113 |
Tecor As Pontes |
|
C-10.115 |
Tecor Frades |
|
C-10.118 |
Tecor Piñoi |
|
C-10.127 |
Tecor San Fernando-Vicente |
|
C-10.129 |
Tecor O Hórreo |
|
C-10.131 |
Tecor Xubia |
|
C-10.132 |
Tecor San Pedro de Oza |
|
C-10.133 |
Tecor Eixil |
|
C-10.136 |
Tecor Camariñas |
|
C-10.141 |
Tecor Fene |
|
C-10.145 |
Tecor Ribeiras do Tambre |
|
C-10.149 |
Tecor A Magdalena |
|
C-10.152 |
Tecor Cerceda |
|
C-10.156 |
Tecor Alto Xestoso |
|
C-10.157 |
Tecor Padrón |
|
C-10.163 |
Tecor Corzán |
|
C-10.165 |
Tecor Xabaril |
|
C-10.170 |
Tecor San Miro |
|
C-10.176 |
Tecor Pondal |
|
C-10.177 |
Tecor San Marcos |
|
C-10.180 |
Tecor Laxe |
|
C-10.190 |
Tecor O Petón de Cabovilaño |
|
C-10.194 |
Tecor Alcaián |
|
C-10.195 |
Tecor Coristanco |
|
C-10.196 |
Tecor Valdoviño |
|
C-10.197 |
Tecor Veira |
|
C-10.200 |
Tecor O Castelo |
|
C-10.202 |
Tecor San Xoán de Serres |
|
C-10.204 |
Tecor Bergantiños Sur |
|
C-10.205 |
Tecor Bergantiños Norte |
|
C-10.208 |
Tecor Rois |
|
C-10.209 |
Tecor San Sadurniño |
|
C-10.213 |
Tecor Xestoso |
Provincia de Lugo.
|
Matrícula |
Nome |
|
LU-10.002 |
Tecor A Fonsagrada |
|
LU-10.010 |
Tecor O Saviñao |
|
LU-10.011 |
Tecor A Pobra do Brollón |
|
LU-10.012 |
Tecor Os Castros |
|
LU-10.015 |
Tecor Guitiriz e parroquias |
|
LU-10.019 |
Tecor Río Chamoso |
|
LU-10.022 |
Tecor Neira de Xusá |
|
LU-10.027 |
Tecor El Azor |
|
LU-10.034 |
Tecor Santa Mariña |
|
LU-10.053 |
Tecor O Alledo |
|
LU-10.056 |
Tecor A Frouxeira |
|
LU-10.069 |
Tecor O Landro |
|
LU-10.077 |
Tecor Ribeira Sacra |
|
LU-10.096 |
Tecor Hermunde |
|
LU-10.098 |
Tecor Riotorto |
|
LU-10.105 |
Tecor A Ulloa |
|
LU-10.126 |
Tecor Cervantes |
|
LU-10.127 |
Tecor Pena Veitureira |
|
LU-10.134 |
Tecor Sober II |
|
LU-10.141 |
Tecor A Trapa |
|
LU-10.144 |
Tecor Muras |
|
LU-10.169 |
Tecor Alcotán |
|
LU-10.180 |
Tecor O Faisán |
|
LU-10.216 |
Tecor Soñar |
|
LU-10.236 |
Tecor Carballido Bóveda |
|
LU-002 |
ECC Pazos de Viveiró |
|
LU-003 |
ECC Covas |
|
LU-004 |
ECC A Xesteira |
|
LU-007 |
ECC Safari-Framil |
Provincia de Ourense.
|
Matrícula |
Nome |
|
OU-10.083 |
Tecor Xunqueira de Ambía |
|
OU-10.056 |
Tecor Baños de Molgas |
|
OU-10.082 |
Tecor Xinzo de Limia |
|
OU-10.034 |
Tecor San Cristovo de Cea |
|
OU-10.249 |
Tecor A Veiga |
|
OU-10.117 |
Tecor Cartelle |
|
OU-10.029 |
Tecor Pena Maior |
|
OU-10.242 |
Tecor San Xoán de Río |
Provincia de Pontevedra.
|
Matrícula |
Nome |
|
PO - 10.003 |
Tecor Pazos de Borbén |
|
PO - 10.004 |
Tecor San Cipriano |
|
PO - 10.014 |
Tecor La Amistad |
|
PO - 10.016 |
Tecor Fornelense |
|
PO - 10.018 |
Tecor Karsita |
|
PO - 10.027 |
Tecor A Peneda |
|
PO - 10.029 |
Tecor Caselas |
|
PO - 10.033 |
Tecor Barro |
|
PO - 10.037 |
Tecor Campo de Couto |
|
PO - 10.042 |
Tecor Forcarei |
|
PO - 10.043 |
Tecor Bueu |
|
PO - 10.044 |
Tecor A Tomiñesa |
|
PO - 10.061 |
Tecor Marín |
|
PO - 10.062 |
Tecor Moaña |
|
PO - 10.063 |
Tecor Río Ulla |
|
PO - 10.065 |
Tecor Cuntis |
|
PO - 10.076 |
Tecor A Rocha |
|
PO - 10.077 |
Tecor Farelo |
|
PO - 10.080 |
Tecor Tui-Gondomar |
|
PO - 10.082 |
Tecor San Huberto |
|
PO - 10.084 |
Tecor Rodeiro |
|
PO - 10.086 |
Tecor Cotobade |
|
PO - 10.088 |
Tecor A Lanzada |
|
PO - 10.090 |
Tecor O Grove |
|
PO - 10.093 |
Tecor A Cañiza |
|
PO - 10.098 |
Tecor Prado-Graña San Salvador de Prado |
|
PO - 10.103 |
Tecor Coto Suído |
|
PO - 10.104 |
Tecor Portas |
|
PO - 10.107 |
Tecor Meis |
|
PO - 10.108 |
Tecor Caldas |
|
PO - 10.115 |
Tecor Río Grande |
|
PO - 10.116 |
Tecor San Xoán de Poio |
|
PO - 10.117 |
Tecor Refuxio Conla |
|
PO - 10.118 |
Tecor Dozón |
|
PO - 10.120 |
Tecor Silleda |
|
PO - 10.122 |
Tecor Vila de Cruces |
|
PO - 10.124 |
Tecor Rías Baixas |
|
PO - 10.126 |
Tecor Corazón Salnés |
|
PO - 10.128 |
Tecor Coto Bertaña |
|
PO - 10.129 |
Tecor Pena Cuntín |
|
PO - 10.131 |
Tecor San Cibrán-Xinés |
|
PO - 10.135 |
Tecor A Covelense |
|
PO - 10.136 |
Tecor Santa Mariña de Xinzo |
|
PO - 10.137 |
Tecor Salnés de Ribadumia |
|
PO - 10.141 |
Tecor A Mondarizana |
|
PO - 10.144 |
Tecor O Campo |
|
PO - 10.145 |
Tecor Cangas 2001 |
|
PO - 10.146 |
Tecor Pontillón do Castro |
|
PO - 10.147 |
Tecor Verdeseixo |
|
PO - 10.151 |
Tecor Mougás |
|
PO - 10.157 |
Tecor Monte Campelo |
|
PO - 10.160 |
Tecor A Lama |
|
PO - 10.161 |
Tecor Serra do Galiñeiro |
|
PO - 10.173 |
Tecor A Magdalena |
|
PO - 10.174 |
Tecor Coto do Santo |
|
PO - 10.175 |
Tecor Fontao |
|
PO - 10.177 |
Tecor A Laxe-Verducido |
|
PO - 10.179 |
Tecor Ribadetea-Padróns |
|
PO - 10.182 |
Tecor Lalín |
|
PO - 10.183 |
Tecor Moraña |
|
PO - 10.186 |
Tecor San Pedro de Crecente |
|
PO - 10.187 |
Tecor Monte Xiabre |
|
PO - 10.189 |
Tecor Barusi |
|
PO - 10.190 |
Tecor Traspielas Gargamala |
|
PO - 10.195 |
Tecor O Coirego |
|
PO-002 |
Tecor Carballos das Cen Pólas |
|
PO-003 |
ECC Moscoso |
|
PO-004 |
ECC Agrícola Terra de Montes II |
|
PO-005 |
ECC Agrícola Terra de Montes III |
|
PO-006 |
ECC Agrícola Terra de Montes I |
|
PO-007 |
ECC Salgueirón |
