Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación da LMTA ALB801 no tramo entre os apoios con número 83-18-10 e 83-18-11-CT, na Casa do Concello de Avión, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, e exhibirán o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 9 de xullo de 2025
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de persoas afectadas descoñecidas, con enderezo ignorado
ou non notificadas
Número de expediente: IN407A 2024/112-3.
Instalación: Regulamentación da LMTA ALB801 no tramo entre os apoios con números 83-18-10 e 83-18-11-CT.
Concello: Avión.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio número |
Lugar |
Referencia catastral |
Persoa titular |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
|
1 |
A Coviña |
32005A059000780000FM |
Descoñecida |
Casa do Concello de Avión |
9.9.2025 |
13.00 |
