DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 24 de xullo de 2025 Páx. 41487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 9 de xullo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se lles notifica ás persoas interesadas a Resolución do 7 de marzo de 2025 relativa a instalacións eléctricas no concello de Barbadás (expediente IN407A 2024/113-3).

Mediante a Resolución do 7 de marzo de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declarouse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unha instalación eléctrica no concello de Barbadás (expediente IN407A 2024/113-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas titulares do predio que no anexo se relaciona para ser notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias deste Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 9 de xullo de 2025

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado
ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/113-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Roma Piñor.

Situación: lugar de Piñor, concello de Barbadás.

Predio número en proxecto: 1; referencia catastral: 32009A007001190000UM.

Lugar: Caño.

Cultivo: monte baixo.

Titular: descoñecido/a.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio 75-5.