Mediante a Resolución da Alcaldía 2025-853 aprobouse inicialmente o proxecto técnico denominado Estudo de detalle de ordenación dunha parcela nos Coutos, redactado polo arquitecto Marcos Vidal García.
Conforme a dita resolución, e de acordo co disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en concordancia cos artigos 194.2 e 207 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, procede someter o dito proxecto a información pública polo período dun mes, mediante a inserción de anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.
Por conseguinte, durante o prazo dun mes, que comezará a contar desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente administrativo quedará á disposición das persoas interesadas, que poderán examinar o seu contido no taboleiro de anuncios da sede electrónica (https://verin.sedelectronica.gal), así como nas dependencias municipais do Concello de Verín, das 9 ás 14 horas, de luns a venres, co fin de formularen as alegacións que consideren oportunas.
Verín, 7 de xullo de 2025
Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde
