Por medio deste anuncio comunícase que a asemblea xeral do Colegio Luis Vives de Pontedeume, S. Coop. Galega, que tivo lugar o 1 de abril de 2025, acordou por unanimidade a transformación da entidade en sociedade limitada e a posterior modificación dos estatutos sociais, todo iso en función do balance pechado para tal efecto o 31 de marzo de 2025, que foi debidamente auditado e aprobado. Con esta transformación, a entidade pasará a denominarse Colegio Luis Vives, S.L.
Faise constar expresamente que a operación de transformación se levará a cabo de conformidade con artigo 9 do Real decreto lei 5/2023 sobre modificacións estruturais das sociedades mercantís.
Faise constar o dereito dos socios e acredores da sociedade a obteren o texto íntegro dos acordos adoptados e do balance de transformación, así como o dereito dos acredores da sociedade a se opoñeren á transformación, nos termos establecidos no artigo 13 do Real decreto lei 5/2023, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación do último anuncio de transformación.
Isto faise público de conformidade co establecido no artigo 10 do Real decreto lei 5/2023, así como co disposto no artigo 84 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.
Pontedeume, 15 de xuño de 2025
José María Otero Lage
Presidente do consello reitor da entidade
