De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF), e tras intentar a notificación á persoa responsable sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Cospeito, mediante este anuncio ponse de manifesto o incumprimento por parte da persoa responsable que a continuación se indica da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coa parcela que se describe imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Referencia catastral |
27015A032006950000SG |
|
Identificación da persoa responsable (NIF semioculto pola LOPD) |
Jorge Pardiño Lozano ***089 *** |
|
Provincia |
Lugo |
|
Concello |
Cospeito |
|
Polígono |
32 |
|
Parcela |
695 |
1º. Visto o que antecede, recibiuse unha instancia presentada por (***), de data 21.7.2024, no Concello de Cospeito, en que se expon literalmente:
«EXPÓN:
Como veciño e propietario da miña vivenda situada no polígono (***) e parcela (***) no lugar de Escourido, na parroquia de Rioaveso, Cospeito, con referencia catastral(***), poño en coñecemento desta Administración que a finca situada na parcela 32 do polígono 695 (indicada cunha estrela branca), lindeira co meu domicilio, por falta de mantemento, está invadida por unha gran cantidade de maleza, o que constitúe un perigo para as vivendas anexas.
Con base na Lei de prevención de incendios de Galicia (Lei 3/2007, do 9 de abril), que establece que nun perímetro de 50 metros debe estar libre de maleza e vexetación seca.
SOLICITA:
A intervención do Concello para que se solucione o problema da limpeza dos predios»,
(***: datos omitidos por aplicación da Lei orgánica 3/2018, do 5 de diciembre, de protección de datos personales e garantía dos dereitos dixitais).
Ao se incumprir, de ser así, o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Lémbraselle, ademais, que como persoa responsable, consonte o artigo 21.ter, debe efectuar a execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión dela, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán estar completadas antes do primeiro día de abril.
Ten a obriga de pór en coñecemento deste concello o inicio e a realización dos traballos de xestión, tendo en conta que, en caso de non existir a dita comunicación, poderase considerar que os traballos non foron realizados mentres non conste proba en contrario, tal e como sinala o artigo 22.2 da Lei 3/2007.
2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello efectuará sen máis trámites a execución subsidiaria, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies árboreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de preveción e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrucción do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para realizar os traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais recollidos legalmente, cando o acceso afecte dentro da parcela espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Contitución española.
3º. No caso de efectuar a execución subsidiaria, o Concello realizará a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se efectuará a súa exacción inmediata no caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.
Neste suposto a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada de 3953,15 euros por hectárea.
|
Hectáreas afectadas pola execución |
0,035 |
|
Cuota provisional por hectárea |
3953,15 |
|
Liquidación provisional |
138,36 € |
4º. No caso de persistencia no incumprimento, e transcurrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para resolver os procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21 ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2 g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 €, artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Efectuarase o comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
5º. O texto íntegro da comunicación estará ao dispor das persoas destinatarias na sede electrónica do concello actuante.
Cospeito, 20 de xuño de 2025
Armando Castosa Alvariño
Alcalde presidente
