DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41641

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a relación de centros privados concertados seleccionados e excluídos para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento ED505C).

Mediante a Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 24 de marzo de 2025, publicada no Diario Oficial de Galicia do 1 de abril, regúlanse a convocatoria e selección de centros docentes privados concertados para participar no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, dirixido ao alumnado de entre 9 e 17 anos ao remate do curso 2024/25.

Unha vez rematado o procedemento establecido na convocatoria, cómpre facer pública a relación definitiva das axudas concedidas e denegadas, así como a relación de centros excluídos por non reuniren algún dos requisitos da convocatoria, de conformidade co establecido no artigo 18 da dita orde.

Con base en todo o anterior, e vista a proposta de resolución do órgano instrutor,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles aos centros docentes privados concertados que figuran no anexo I a participación no programa de capacitación en competencia dixital, Campamentos dixitais de verán, nas quendas e para o número de alumnado que se sinala no dito anexo I.

Segundo. Aprobar a exclusión do centro docente privado concertado que figura no anexo II, por incumprimento dos requisitos fixados no artigo 2.3.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme os artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2025

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

ANEXO I

Centros privados concertados seleccionados

Código

Centro

Concello

Provincia

Quenda

Alumnado

32002973

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón

O Carballiño

Ourense

23 xuño-27 xuño

18

32008525

CPR Plurilingüe Divina Pastora

Ourense

Ourense

23 xuño-27 xuño

33

36011750

CPR Plurilingüe Don Bosco

Vigo

Pontevedra

1 setembro-5 setembro

20

ANEXO II

Centro privado concertado excluído

Código

Centro

Concello

Provincia

Motivo

27007211

CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos

Monforte de Lemos

Lugo

Artigo 2.3