DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41775

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de aprobación e ratificación do texto definitivo do convenio urbanístico entre o Concello de Carballo e UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente 2025/U039/000003).

Primeiro. A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 16 de xuño de 2025, acordou aprobar e ratificar o texto definitivo do convenio urbanístico para a execución do Plan especial de reforma interior núm. 2, PERI-2 «Casas dos Mestres» previsto no PXOM de Carballo, que foi subscrito polo concello de Carballo e por UFD Distribución Electricidad, S.A., e que afecta as parcelas coas referencias catastrais 5453501NH2855S e 5453502NH2855S, incluídas no ámbito do citado PERI.

Segundo. Foi notificada e emprazada UFD Distribución Electricidad, S.A., que asinou a ratificación do texto definitivo do convenio o 3 de xullo de 2025.

Terceiro. Publícase o texto íntegro do convenio, xunto co seu acordo de aprobación e ratificación, segundo o disposto no artigo 403.1 do Regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia (Decreto 143/2016, do 22 de setembro), que se poderá consultar ou descargar no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello, na seguinte ligazón: https://sede.carballo.gal/sxc/es/informacion/

Carballo, 4 de xullo de 2025

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde