DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41774

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ante a imposibilidade de efectuar a notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles ás persoas responsables a súa obrigación legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas sinaladas seguidamente, imposta polo artigo 22.1 da citada Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Número expediente

Referencia catastral

Parroquia

Titulares catastrais

2024/V001/000150

4592816NH4949S

Pastoriza

BISA

En virtude do anterior, as persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación no BOE (Boletín Oficial del Estado) para o cumprimento voluntario da obrigación de xestión da biomasa nas parcelas citadas.

Transcorrido o devandito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá á execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, decomiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Así mesmo, comunícaselles ás persoas responsables que o contido íntegro das notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Arteixo.

Arteixo, 4 de xullo de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto 1243/2025, do 8 de maio)
Víctor Merelas García
Concelleiro con delegación especial de Medio Ambiente