DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Abegondo

ANUNCIO de notificación nos procedementos infrutuosos en materia de xestión de biomasa (expediente 2025/X999/000245).

Para darlle cumprimento ao disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible efectuar as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración, porque as persoas responsables son descoñecidas ou se ignora o lugar de notificación, ou non é posible a notificación ás persoas interesadas, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo. A eficacia do acto notificado queda supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Mediante este anuncio infórmaselles aos titulares catastrais que figuran no cadro anexo a súa obriga legal e responsabilidade para a xestión da biomasa e, se for obrigatorio, a retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, segundo o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Advírtese que, de non comparecer nin alegar, darase por notificada.

Nº expediente

Referencia catastral

Localización

Titular catastral

Incidencia

2025/X999/000187

15001A047003240000JO

Polígono 47-Parcela 324

Limiñón-Seixo

Rodríguez Agustín

Sen enderezo nin NIF

2024/X999/000145

15001G508006850000EE

Polígono 508-Parcela 685

Meangos-Couto

Vázquez Crespo Manuela

Sen enderezo nin NIF

2024/X999/000322

15001E508009990000GX

Polígono 508-Parcela 999

Abegondo-Agra

Barros Esporas Francisco

Sen enderezo nin NIF

 2025/X999/000242

15001A005005270000JI

Polígono 5-Parcela 527

Mabegondo-As Cabras

En investigación

-

2025/X999/000195

15001A005005230000JK

Polígono 5-Parcela 523

Mabegondo-As Cabras

En investigación

-

2025/X999/000240

7766207NH5876N0001WG

Mabegondo-Penedo

En investigación

-

2025/X999/000241

15001A014008310000JR

Polígono 14-Parcela 831

Abegondo-Viaña

En investigación

-

2024/X999/000082

15001A009001440000JD

Polígono 9-Parcela 144

Cos-Carballa

En investigación

-

2024/X999/000268

15001A001005160000JF

Polígono 1-Parcela 516

Orto-Avieiras

González García Isabel

Notificada 2 veces infrutuosamente

As persoas interesadas en coñecer o contido íntegro do acto que se notifica poderán acudir ás oficinas municipais do Concello de Abegondo, situadas no lugar San Marcos, nº 1, Abegondo, na casa do concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de anuncios do BOE. Dispoñen de idéntico prazo para cumprir coa obriga da xestión da biomasa e, se está obrigado por lei, da retirada das especies arbóreas prohibidas. Unha vez transcorrido este prazo sen que se faga uso do dereito sinalado, o Concello de Abegondo continuará cos expedientes segundo o disposto no ordinal 4 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril.

O Concello de Abegondo notifica este acto para os efectos oportunos e sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan alegar o que xulguen oportuno, no prazo de quince días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de persistencia no incumprimento, iniciaranse os correspondentes procedementos sancionadores segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Abegondo, 3 de xullo de 2025

José Antonio Santiso Miramontes
Alcalde