DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 28 de xullo de 2025 Páx. 41771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 9 de xullo de 2025 polo que se notifican resolucións de recursos potestativos de reposición previos á reclamación económico-administrativa.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, por non resultar factible efectuar a notificación no domicilio tras dous intentos, se empraza polo presente anuncio aos suxeitos pasivos que se citan no anexo para seren notificados por comparecencia.

As resolucións dos recursos foron emitidas pola Dirección de Portos de Galicia en tanto que órgano competente por aplicación do establecido no artigo 225 da Lei xeral tributaria, previa a presentación do recurso polo obrigado tributario.

A comparecencia deberase de efectuar no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado ante a Dirección de Portos de Galicia, con enderezo na Praza de Europa, 5-A, 6º, 15707 de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Transcorrido o prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

Juan Sanmartín Ferreiro
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Liquidación

Suxeito pasivo

Porto

Taxa

3212240390

Alberto Riobó Vieitez

Moaña

X-6

204241774 e 204241775

Iván Pernas Marín

Cedeira

X-5