DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 29 de xullo de 2025 Páx. 41906

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2025, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se lle dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 3 de xullo de 2025, o tribunal nomeado por Resolución do 11 de novembro de 2024 (DOG núm. 220, do 14 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado por Resolución do 16 de novembro de 2023 (DOG núm. 222, do 22 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar a totalidade das alegacións presentadas contra a Resolución do 21 de maio de 2025 (DOG núm. 102, do 30 de maio), pola que se lle deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes ao segundo exercicio do proceso selectivo, segundo o establecido na base II.1.1 da convocatoria.

Segundo. Declarar exentas da realización do terceiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio, por ter acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, ao abeiro do previsto na base II.1.1.3 da resolución de convocatoria.

Terceiro. Declarar finalizada a fase de oposición do proceso selectivo.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución de convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal