DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 29 de xullo de 2025 Páx. 41949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 9 de xullo de 2025 de traslado de actuacións e de requirimento para o cumprimento voluntario de orde de demolición no expediente 107B 2001/80-0.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o traslado de actuación e requirimento para o cumprimento voluntario de orde de demolición ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística 107B 2001/80-0 á persoa interesada con documento nacional de identidade número 36085437R.

O expediente relacionado está á disposición da persoa interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2025

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística