DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 29 de xullo de 2025 Páx. 41947

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xullo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación dunha concesión de augas no concello de Coristanco (expediente DH.A15.84970).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Bormoio.

CIF: ****7361*.

Expediente: DH.A15.84970.

Volume total anual: 32.035,34 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,08 l/s.

Orixe:

– Captación fonte canle 1. X= 515.763; Y= 4.774.969.

– Captación fonte canle 3. X= 515.761; Y= 4.774.959.

– Rego da Bordesca. X= 516.118; Y= 4.775.066.

– Coordenadas UTM ETRS89, fuso 29.

Lugar: O Vilar (captacións fonte canles 1 e 3) e A Furoca (rego da Bordesca).

Parroquia: Couso (San Miguel).

Concello: Coristanco (A Coruña).

Destino: abastecemento (uso doméstico e centros colectivos) e usos industriais.

Lugar: Bormoio.

Parroquia: Agualada.

Concello: Coristanco (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

Trátase de tres captacións, dúas delas recollidas en arquetas de formigón situadas nas parcelas 15029A502004600000SP e 15029A502004610000SL, onde se recolle a auga mediante drenaxe do terreo circundante a un rego innominado con ID 983610004730.

A outra captación, procedente do rego da Bordesca, proxéctase cun muro de coieira no lateral do rego e un tramo de 6 m de recheo con material filtrante cara a un pozo filtrante na parcela 15005A044000090000PO, onde se recolle a auga e se transporta ata a unión coas augas do rego innominado ID 983610004730 na parcela 15029A502004030000SR. Desde este punto as augas condúcense ata o depósito situado na parcela 15029A047001270000DT.

A documentación pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º piso, 15008 da Coruña. Para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 2 de xullo de 2025

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte