DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 29 de xullo de 2025 Páx. 41962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tui

ANUNCIO de nomeamento de persoal laboral fixo de praza de auxiliar administrativo pertencente á oferta de estabilización do emprego temporal 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2025-0976, do 2 de xullo de 2025, nomeouse a seguinte traballadora como persoal laboral fixo, para a praza que se indica e pertencente á oferta de estabilización do emprego temporal do ano 2022, coa expresión do posto que se lle adxudica:

Apelidos e nome

Praza

Posto adxudicado

Alba Martínez Domínguez

(DNI ***8378**)

Auxiliar administrativo

(Persoal laboral fixo)

Auxiliar administrativo

Código 01.01.01.04

O que se publica para os efectos de cumprimento do disposto na base décimo segunda das bases xerais que rexen os procesos selectivos correspondentes aos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público do Concello de Tui (BOPPO nº 249, do 30 de decembro de 2022).

Tui, 3 de xullo de 2025

Enrique Cabaleiro González
Alcalde