DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 29 de xullo de 2025 Páx. 41961

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Maside

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e de rasantes do viario previsto nas normas subsidiarias de planeamento entre a rúa Estrada de Cea e a rúa Alameda en Maside.

Mediante o acordo da Xunta de Goberno Local, adoptado en sesión do 4.7.2025, aprobouse inicialmente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e de rasantes do viario previsto nas normas subsidiarias de planeamento entre a rúa Estrada de Cea e a rúa Alameda en Maside, redactado polo arquitecto municipal Óscar González Fernández, asinado dixitalmente o 30.1.2025.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos periódicos de maior difusión da provincia, de acordo co disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 194.2 e 207 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Durante o citado período poderán formularse as alegacións que se xulguen pertinentes e o expediente de encóntrase manifesto nas oficinas da Secretaría municipal deste concello (praza Maior, 1), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres. Do mesmo xeito, estará á disposición no taboleiro de anuncios e portal de transparencia da sede electrónica deste concello (http://maside.sedelectronica.gal).

Igualmente, faise público que, en aplicación do artigo 47.2 da Lei 2/2016 e do artigo 86.2 do Decreto 143/2016, suspéndese o outorgamento das licenzas de parcelamento de terreos, edificación e demolición, durante o prazo de dous anos, no ámbito do solo afectado pola aprobación do estudo de detalle; e extinguirase, en calquera caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Se transcorrido o citado prazo non se tivesen presentado alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Maside, 4 de julio de 2025

O alcalde
P.D. (Decreto 366/2025, do 4 de xullo)
Wenceslado Ángel Botana Mosquera
Primeiro tenente de alcalde